martes, 27 de marzo de 2012

6526.- MONCHO MARTÍNEZ CASTRO


Moncho Martínez Castro (As Figueiras, Castripol, ASTURIAS 1979) empezóu na lliteratura publicando nel ano 2003 un primeiro poemario nel volume qu’editóu el asociación El Teixo, de Barres, cos ganadores da primeira edición del Premio Aira de poesía na fala. Poesías d’él tán recoyidas en antoloxías como Unde letras falan (2006) y Na boca de todos (2006). Ten tamén dalgúa colaboración en prosa publicada na revista Entrambasauguas, ademáis de dirixir en internet el portal Falaviva (falaviva.net). Agora prepara a publicación d’un llibro de poesía, Cartografía de nayundes, del qu’escoyémos dalgúas poesías como adelanto.




El cartógrafo


Quixen ser fotografo y nun puiden
porque úa imaxe vale máis que mil palabras
y el mundo hai que velo dende dentro.


Así qu’aquí me tedes
dibuxando
os mapas da miseria.


Se eu tuvera fame
nun había ser cartógrafo de nada.








Stevenson


Din a volta
y topéime de frente col Isla del Tesouro.
Alí taba Long John Silver
entre as penas y os árboles que brillaban.


¡Ah...! Quén fora sirena
pra barrancar nas prayas de máis lonxe.
Quén fora pirata
pr’asaltar polas noites os labios da túa ventá.








Resumindo


Nun che me considero un ser impresentable
—que nesta vida de cayes baleiras
xa é algo—.


Acórdome
—debía de ter catorce anos—
d’un home que ye dixo a mía madre:
«lo importante é que sían búa xente».
Y cumprínlo —penso que dafeito—.








Terra de nayundes


¿Qué terra é esa?
Unde solo tein nubres baxas nas casas
y ventos que xelan as almas.


¿Qué terra é esa?
Que pode tar tranquila
mentras choran
os oyos da inocencia.


¿Qué terra é esa?
Unde se ve miseria nas cayes
y naide s’agacha a coyela.


Non, esa nun é a mía terra,
ha ser terra de nayundes.



No hay comentarios:

Publicar un comentario